Monday 06 de May de 2024

Xuntanza palilleiras Neda


A Asociación Filigrana recuperaba hoxe a “Xuntanza de Palilleiras de Neda. Presente, pasado e futuro do arte do encaixe”. O parón forzado pola pandemia non fixo senón retomar con máis ganas a cita, todo un referente na comarca grazas á excelente organización da entidade nedense. Así, máis de 400 palilleiras chegadas de toda Galicia participan no encontro, no que colabora o Concello de Neda, e que esta mañá inauguraba o alcalde, Ángel Alvariño, dándolles a benvida. Durante toda a xornada, cun parón entre as 13:30 e as 16 h, o pavillón municipal acollerá a xuntanza, onde o público poderá achegarse ao seu traballo artesanal